Google+ #Melidefest: Consumo responsable de cervexa

sábado, 9 de noviembre de 2013

Consumo responsable de cervexa

Consumo moderado
Un dedo de escuma, dous dedos de fronte


Que é consumir cervexa con moderación e responsabilidade?


Considérase consumo moderado de alcohol ata 25 gr/día para os varóns (2-3 cañas de cervexa) e 15 gr/día para as mulleres (1-2 cañas de cervexa)*.

Non todas as persoas reaccionan igual ante o alcohol. Inflúen factores como o peso, o sexo, a forma na que se consume (se se acompaña ou non de alimentos), se a persoa está habituada a beber e mesmo a raza.

A cervexa debe consumirse por pracer e sempre en cantidades moderadas. É mellor tomala con algo de alimento.

Debe saborearse lentamente, gozando de todos os seus matices; se tomas cervexa, que sexa polo seu sabor, non polo seu efecto.

NUNCA bebas alcohol:
Se es menor de idade
Se tes previsto conducir (se che apetece unha cervexa, pídea sempre sen alcohol)
Para eludir problemas
En xaxúas (sen comer)
Se te estás a medicar
Se estás embarazada ou cres que podes estalo (podes pedir unha cervexa sen alcohol)

* Sociedad Española de Nutrición Comunitaria (SENC)